Gastronomía :: PESCADA Á CAZOLA

INGREDIENTES

½ kg de pescada
1 ou 2 cenoria
1 cebola
perexil
3 culleradas de aceite
piñóns
sal e pementa
limón
auga
viño branco

PREPARACIÓN

Límpase ben o peixe e alíñase con sal e limón.

Nunha cazola ponse a cebola esfollada, as cenorias e o perexil. Sobre estas verduras colócase o peixe aliñado co aceite e o sal, o limón e cunha xenerosa porción de piñóns por enriba. Dúas taciñas de auga.

Cócese ben tapado a lume suave, engadindo auga fervendo ou viño branco se se consume.

Variantes e trucos: outros peixes que van ben, á parte da pescada, son a pescada, a corvina ou o congro. Pódese acompañar con salsa de maionesa


Volver