O libro azul pretende ser un documento que recolla todas as medidas aportadas polo sector pesqueiro do porto de Laxe para acadar unha pesca sostible, sendo a folla de ruta que sigamos nos próximos anos para que a nosa profesión teña un futuro un pouco máis esperanzador.
Durante os proximos meses empezaremos a traballar na súa elaboración mediante a realización de unha primeira toma de contacto cos distintos sectores representados dentro da Confraría de Pescadores de Laxe, co obxetivo de consensuar un plan de traballo que sirva de guía durante o tempo que dure o traballo de campo de cara a realización definitiva do documento que sirva para elaborar o Libro Azul da Pesca.
Unha vez rematada a fase de elaboración do documento será exposto ante todo-los sectores participantes no mesmo, que terán que dar a súa conformidade a través da aprobación maioritaria dos contidos que aparezan no documento final, para que de este xeito este documento se convirta finalmente no Libro Azul da Pesca da Confraría de Pescadores de Laxe.
Todo o traballo realizado durante a elaboración do Libro Azul da Pesca será plasmado na páxina do Proxecto mardelaxe, no apartado creado a tales efectos, para que de este xeito este documento sexa unha referencia para outros sectores dende o principio da súa creación.