Gastronomía :: SARDIÑAS AO CANTÁBRICO

INGREDIENTES

1 kg de sardiñas
pan raiado
1 cabeza de allos
perexil
limón
aceite
sal

PREPARACIÓN

O allo e o perexil pícanse nun morteiro, engádese o pan raiado e mestúrase todo.

Preparación das sardiñas: límpanse as sardiñas, quitándolles a espiña e a pel. Refrégaselles o sal engádeselles aceite cru. Rebózanse coa mestura que obtivemos no paso anterior.

Colocadas as sardiñas nunha fonte de forno untada de aceite introdúcense en forno quente aproximadamente uns 20 minutos. Acompáñanse na mesa co limón.

Variantes e trucos: á versión máis sinxela que demos, pode poder en forno as sardiñas, fritíndoas e deixándoas cocer na cazola de barro con tomates e cebolas picadas e refogadas, en vez do ao forno, tal como recollemos na nosa receita


Volver