INGREDIENTES
1 kg de filetes de rodaballo
2 xemas de ovo
½ vaso de nata líquida
1 chorrecillo de Xerez
1 vaso de caldo de peixe
sal e pementa
maicena
PREPARACIÓN
Verter o caldo, un chisco de sal e o xerez nunha pota na que caiban os filetes sen romper e levar a ebulición.
Escalfar lixeiramente os filetes de rodaballo, introducíndoos na auga e deixando cocer uns minutos.
Colocar os filetes nunha fonte de forno pouco profunda.
Nunha cunca, mesturar a maicena coas xemas e, pouco a pouco e sen deixar de remover, engadir o caldo da cocción do peixe coado.
Engadir a nata líquida á cunca, mesturar ben, salpimentar e verter sobre os filetes de peixe.
Introducir no forno prequecer durante 7 minutos a 220º.
Variantes e trucos: para acompañar este prato pódense servir pan de allo e unha ensalada verde.