INGREDIENTES
Para o caldo:
1 cabeza e as espiñas de peixe sapo
1 tomate
1 cebola grande
1 cenoria
1 l de auga
2 follas de apio
1 folla loureiro
1cuch. de orégano
1 vaso de viño branco
elaboración:
facer unha picada
1 kg de peixe sapo en toros
6 lagostinos
12 mexillóns
1 sepia.
PREPARACIÓN
Nun litro de auga ponse a ferver todos os ingredientes que figuran na lista de caldo e deixa ferver durante 30 minutos. Cóase o caldo e resérvase.
Límpase a sepia e tórase. Pónselle o sal e sofríxese. Resérvase. Límpanse os mexillóns e resérvanse.
Nunha paelleira colócanse en cru o peixe sapo sal-pimentado, os lagostinos e a sepia. Bótaselles por enriba a picada, parte do caldo de peixe, soamente para que cubra todo o peixe
Ponse a cocer a pouco lume durante 15 minutos e engádenselle os mexillóns.
Rectifícase de sal, se fose necesario e déixase cocer 5 minutos mais e listo.
NOTA: é un prato moi sinxelo de facer e moi san, porque non leva sofrixido e ao estar todo en cru engorda menos e se dixire mellor.