INGREDIENTES
1 kg de mexillóns
2 vaso de viño branco
2 cebolas francesas
2 dentes de allo
1 cucharada de maicena
1 vaso de nata para cociñar
1 pellizco de febras de azafrán
450 gr de pasta
½ limon
1 xema de ovo
1 podalla de perexil
aceite de oliva
1 noz de manteiga
sal e pementa
PREPARACIÓN
Aclarar os mexillóns nunha cunca con auga fría varias veces e escorrer ben. Quitarlles os pelos, se os teñen, e tirar os que estean abertos.
Picar as cebolas moi finas. Quentar un pouco de aceite nunha cazola e engadir os mexillóns xunto co viño e as cebolas. Tapar e deixar cocer a pouco lume, removendo de cando en vez, durante uns 8 minutos, ata que os mexillóns se abran.
Apartar do lume, sacar os mexillóns das súas cunchas e reservalos.
Seguir reducindo a salsa ata reducila considerablemente.
Pelar e machucar os allos
Noutra cazola, derreter a manteiga, engadir o allo e douralo.
Engadirlle a maicena, removendo constantemente. Inmediatamente despois, engadir e caldo dos mexillóns moi lentamente e tamén a nata.
Engadir as febras de azafrán, salpimentar e deixar que espese un par de minutos máis. Engadir o zume do limón, a xema de ovo e os mexillóns, sen deixar que ferva. Reservar.
Cociñar a pasta en abundante auga fervendo seguindo os consellos de cocción do fabricante. Escorrer ben e mesturar coa salsa.
Colocar nunha fonte previamente quentada, espolvorear o perexil picado e a comer!