Gastronomía :: GRELLADA DE PEIXE E MARISCO

INGREDIENTES

6 toros de peixe sapo
6 toros de pescada
6 lagostinos
6 cigalas
aros de luras
peixe e marisco que desexe.
Sal
Perexil

Facer salsa "ROMESCO"
12 améndoas tostadas
10 abelás
1 cabeza de allos
5 ñoras ou 2 pimentos de romesco
2 tomates maduros
1 vasiño de aceite de oliva.
Sal e pementa
½ vasiño de vinagre
1 rebanda de pan frita
1 trociño de chile (se quere)

PREPARACIÓN

Faise a salsa "ROMESCO", tal como indica a receita, o día antes ou o maior tempo antes posible, para que estea mais saborosa.
Límpase todo o peixe e o marisco bótaselles o sal e perexil
Faise á prancha ou brasa e sérvese nunha bandexa decorada
A modo orientativo, ponse unha peza de cada tipo de peixe, para cada comensal.

Póñense a asar no forno a cabeza de allos, as ñoras (deseguida se queiman) e os tomates.
Fritese a rebanda de pan
No morteiro machúcanse as améndoas, as abelás, o pan, os allos asados, os tomates e as ñoras ou pementos especiais, todo iso previamente pelado.
Logo engádeselle ao morteiro o vinagre e o aceite. Pónselle o sal e a pementa e déixase repousar minimo 3 horas, (o aceite váiselle botando cunhas aceiteiras de boquilla fina e moi lentamente, para que ligue un pouco ou colla consistencia).
Transcorrido o tempo de repouso, pásase polo chinés e sérvese nunha salseira.

Nota: o mellor é facelo o día antes, porque canto máis tempo fai que está feito máis saborosa está. O chile é opcional. Os pementos especiais para o romesco son doados de conseguirse en Cataluña, son uns pementos alongados de punta redonda, que se deixan secar ao sol e son máis aromáticos e suaves que as ñoras


Volver