INGREDIENTES
6 toros de mero dun grosor de 1.5 cm
6 culleradas de
1 cebola
sal e perexil
PREPARACIÓN
Os toros de mero prepáranse lavándoas en auga fría, descamándoas, e secándoas cun pano. Colócanse nunha fonte coa cebola (cortada en toros) e o perexil por enriba. Bótaselle o aceite e déixanse nesa mestura durante unhas dúas horas.
Prepárase a grella quentándoa cun pouco de aceite e colócanse os toros de mero que preparamos no paso 1, quitando a cebola e o perexil. Pásanse pola grella uns 5 minutos por cada lado e engádeselles o aceite de adobo deixándoas un par de minutos máis.
Sazónanse con sal. Pódense servir con limón ou algunha salsa de peixe (salsa maionesa).