INGREDIENTES
robaliza
allos
perexil
pementa en gran
sal de gran groso
aceite
viño branco
PREPARACIÓN
Filetéase a robaliza. Se lle feita pementa en gran e sal groso de cociña. E déixase así durante tres cuartos de hora (mais ou menos).
Nunha tixola con aceite, dóurase a robaliza coa pel cara a abaixo e despois por outro lado e quítase.
Se feita máis aceite na tixola, cando está quente se lle feita a robaliza dentro e incorpóraselle viño branco (caldo de peixe opcional, pódese poñer medio vaso de viño con medio de caldo de peixe ben revolvido, ou avecrén de peixe con viño blanco).Según vaise consumindo váiselle votando máis viño branco, movendo constantemente ata que quede xelatina.
Cando xa está case feito se lle feita perexil.
Noutra tixola fritese allo, cando o allo está dourado quítase, retírase a tixola do lume e na outra, ponse vinagre de xerez (coidado que salta, mellor usar tapa). Ponse no lume outra vez, e despois ponse allo dentro e perexil picado.