Gastronomía :: ROBALIZA CON VERDURAS

INGREDIENTES

1 robaliza duns 3 kg, con pel, aberta e sen espiñas
1 cebola
1 cabaciña
2 porros
3 cenorias
2 noces de manteiga
sal e pementa
1 cebola

PREPARACIÓN

Límpase ben a robaliza, sálgase e colócase nunha fonte de forno.

Cos lombos abertos, colócase unha noz de manteiga dentro e péchase.

Envólvese o peixe en papel de aluminio e enfórnase ao forno moi forte durante 25-30 minutos.

Por outro lado, pélanse e córtanse en tiras moi finas as cenorias, a cabaciña e as cebolas e soamente a parte branca dos porros se cortan en toros que se desfán despois tamén en tiras.

Derrétese a outra noz de manteiga nunha tixola e se sofrixen a lume moi lento as tiras de verduras.
Para servir, desenvólvese a robaliza, pélase da súa pel e colócase nunha fonte, enriba das verduras salpimentadas.

Variantes e trucos: Tamén poden incorporarse patacas en toros cun pouco de manteiga e salpimentadas que poden cociñarse aproveitando a fonte da robaliza no forno. Para que se fagan ben, hanse de cortar finitas e meter, antes que no forno, no microondas uns 10 minutos.


Volver