INGREDIENTES
3 pezas de linguado
6 vieiras
24 ameixas
200 gr de manteiga
Fariña para rebozar o peixe
3 limóns
½ vaso de xugo de carne
Patatillas
Perexil picado
sal
PREPARACIÓN
Cóllense as tres pezas de linguado, sobre 600 gramos, uns para cada dous porcións, quítaselle a pel, fórmanse uns filetes e enrólanse. Sálganse, rebózanse en fariña e frítense en aceite a lume lento uns cinco minutos, escórreselles o aceite e agréganselle 200 gramos de manteiga, o zume de tres limóns e medio vaso de xugo de carne.
Despéganse as vieiras da súa cuncha, lávanse e frítense como o linguado, lentamente.
As ameixas ábrense ao vapor e sepárase unha das cunchas e déixanse na outra.
Vólvense colocar cada vieira na súa cuncha, coas ameixas na súa media cuncha por enriba. Logo acompáñase dunhas patacas ao vapor.
Ponse o linguado nunha fonte coas vieiras e bótaselles a salsa por enriba e un pouco de perexil picado.