Gastronomía :: LINGUADO AO FORNO CON XAMÓN

INGREDIENTES

1 ¾ de kg de linguado (mellor 1 ou 2 pezas)
100 gr de xamón en tiras
3 culleradas de pan relado
1 dente de allo
1 cullerada de perexil picado
½ limón (zume) ou unha copa de xerez
Sal e pementa
½ vaso de aceite e manteiga de vaca.

PREPARACIÓN

Limpar os linguados, quitarlles a pel e colocalos nunha fonte. Facerlles uns cortes ao ancho e enchelos con tiras de xamón. Sazonar de sal e pementa. Espolvorear co allo moi picado, o perexil e o pan relado. Enchelos co aceite e colocar unhas boliñas de manteiga, como cinco ou seis, esparexidas sobre os linguados e metelos a forno moderado.

Cando estean dourados regar con zume de limón ou xerez, deixar repousar co forno apagado e servilos na mesma braseira.


Volver