Gastronomía :: BONITO CON TOMATE E CEBOLA

INGREDIENTES

1 kg de bonito cortado a toros
2 cebolas grandes
4 tomates (maduros)
aceite
fariña
viño branco
tomiño, loureiro, sal

PREPARACIÓN

Nunha tixola sofrixir a cebola moi picada ata que se poña transparente. Engadir a fariña (unha cullerada de café).

Engadir os tomates pelados e cortados sen semente, mesturándoos ben.

A continuación bótase o viño, o sal e as herbas. Déixase todo uns 15 minutos.

Por último engádese o bonito, a lume lento uns 10 minutos máis.


Variantes e trucos: os toros de bonito deben ser máis ben grosos. Hai os que engaden pementos ao rustrido cun resultado espléndido


Volver