INGREDIENTES
1 ollomol
50 gr de améndoas
3 follas de salvia
un pouco de manteiga
3 patacas
sal e pementa
3 culleradas de oporto
70 ml de aceite
PREPARACIÓN
Limpar e secar o peixe, a salvia e as patacas. Cortar as patacas en láminas moi finas.
Esmagar nun moteiro as améndoas coa salvia. Logo engadir o oporto e un chorriño de aceite de oliva e mesturar todo moi ben.
Engraxar unha fonte con manteiga. Colocar o ollomol e engadir sal e pementa. Cubrir coa mestura de oporto, améndoas e aceite e deixar en maceración durante dúas horas.
Prequecer o forno a 180º. Poñer o ollomol enriba dos toros finos de patacas e engadir o resto do líquido da maceración. Deixar enfornar durante 40 minutos