INGREDIENTES
3 ovos duros
4 laranxas grandes e substanciosas
4 ceboliñas
olivas negras pequeniñas
4 culleradas de aceite de oliva virxe
300 gr de bacallau salgado
1 culleriña de pemento doce
1 cullerada de vinagre
1 vasiño pequeno de auga
PREPARACIÓN
Desálgase previamente o bacallau (hai quen o desmiga sen desalgar) e prepárase en tiras.
Córtase a laranxa a toros moi finos e a ceboliña tamén cortada moi fina.
Na fonte en que se vaia servir ponse unha capa de laranxa, enriba o bacallau desalgado e a ceboliña. E volta a empezar, laranxa, bacallau...terminar con laranxa.
Co aceite, pemento, vinagre e auga prepárase a salsa ben emulsionada e vérteselle por enriba. Os ovos duros e as olivas son para decorar o prato.
Débese preparar con antelación a sr posible de 2 a 3 horas na nevera, antes de servir.