Gastronomía :: BACALLAU AO PIL-PIL

INGREDIENTES

aceite de oliva
dentes de allo
1 ou 2 chiles
bacallau

PREPARACIÓN

Ponse abundante aceite de oliva na tixola, dóuranse uns dentes de allo e unha ou dous chiles.

Colócase o bacallau coa pel boca abaixo nunha caldeira de barro, abrigándoo para que non perda calor, e tíraselle o aceite quente cos allos e chile.

Debe estar así polo menos dúas horas antes de rematar o guiso.

Para rematalo simplemente vólvese poñer ao lume e xa, agora se se move enerxicamente.

Observaremos que o aceite se liga como salsa branca con suma facilidade, e en cinco minutos temos o pil- pil feito.

Nota: esta é unha forma sinxela de facer o bacallau sen estar a mover unha hora a cazola.


Volver