Dentro das actividades realizadas na aula do mar, cabe destacar a denominada
Escoladivertida, que ten lugar nos meses de verán e no Nadal, sendo o seu cometido o de divertir-ensinando aos máis cativos, que durante o tempo no que a actividade escolar cesa, non atopaban moitas opcións de divertimento.
Na
Escoladivertida os rapaces gozan de todo tipo de actividades: papiroflexia, adiviñanzas, xogos, facer debuxos, pintalos con todo tipo de materiais (ceras, rotuladores, lapis de cores, pintura de mans, acuarelas,...) Incluso hai días nos que a
escola se realiza no exterior, por exemplo no porto, onde se lles ensina ós pequenos as artes de pesca, o funcionamento da lonxa, o traballo nas chabolas ou as embarcacións típicas. Outros días a
escola sae á praia para que poidan xogar ó tempo que aprenden as mareas, a importancia das dunas,os tipos de cunchas cas que se poden atopar,...
A
Escoladivertida permítenos crear un espazo de acercamento dos máis pequenos ó mar, para que deste xeito aprendan dende cativos a amalo e respetalo.