Estas confrarías exercían un forte control das artes de pesca, especialmente das máis novas e agresivas. Tamén naquel tempo estableceron a fin de semana como de obrigatorio descanso, a ?semana inglesa?, para reducir a presión sobre a pesca.
Interviñeron nos enfrontamentos que se producían cos pescadores forasteiros, especialmente vascos, portugueses e cántabros que viñan ás costas galegas, e cos baleeiros franceses e vascos, que usaban as nosas praias para preparar as baleas francas que capturaban aquí.