A Lonxa :: Paneis Informativos

Para que o consumidor final dispoña de información sobre as especies comercializadas na lonxa de Laxe, a súa forma de captura e o proceso de venda, etc... temos instalados dentro da propia lonxa catro paneis informativos que poñen de manifesto a calidade dos produtos capturados de maneira selectiva coas artes empregadas polas embarcacións do porto de Laxe, embarcacións pertencentes á pesca costeira artesanal.

O contido dos paneis pode ser solicitado na oficina da lonxa, ou mediante a descarga en formato pdf.

Así mesmo tanto a guía da Confraría coma os propios traballadores poderán solucionar todas as dúbidas que lle poidan xurdir coa información facilitada nos paneis divulgativos. Non dubide en consultarnos!

Variedade de Artes, diversidade na Lonxa (1,63 Mb)


Descargar

A Lonxa, unha ponte entre o mar e o consumidor (2,75 Mb.)


Descargar

A pesca artesanal, garantia de calidade (1,75 Mb)


Descargar

Do mar á mesa: os camiños da pesca en terra (2,03 Mb)


Descargar



Volver