A nivel sanitario, a lonxa conta cun Plan D.D.D., así como cun Manual de autocontrol baseado no sistema A.P.P.C.C.
Para garantir o perfecto funcionamento da lonxa de Laxe, se realizan unha serie de inspeccións periódicas a cargo dos Inspectores do Servizo de Saúde Pública, e do Servizo de Inspección Pesqueira.
O obxectivo que se pretende acadar é concienciar á sociedade de que ó consumir, debe diferenciar os nosos produtos dos procedentes doutros mercados. Estes últimos terán a maioría das veces prezos máis baixos, pero a súa calidade tamén vai ser inferior á dos capturados polos nosos pescadores.