Unha vez etiquetado o pescado distribúese en caixas, que son almacenadas por orden de chegada no interior da lonxa a espera da poxa.
Antes da poxa, as caixas colócanse enriba das mesas de exposición para que os compradores poidan observar perfectamente o produto que van mercar.
A poxa comeza co poxador cantando os prezos do pescado mediante o sistema da poxa a baixa.