Tradicións :: A Procesión Marítima

Naufragos levando a Virxe a Igrexa
Unha homenaxe que tódalas vilas mariñeiras celebran co fin de obter a protección da Virxe do Carmen é a realización da Procesión Marítima. A cal consiste en que se sube a imaxe da Virxe nunha embarcación e dan unha volta pola Ría de Corme e Laxe, o resto de embarcacións siguena co obxetivo de acompañala e así honrala, unha vez situados no medio da ría, honranse a memoria dos naufragos tirando varios ramos e coroas de flores.
ó rematar a Procesión Marítima, os mariñeiros que participaron no Naufraxio, irán descalzos levando a Virxe a ombros de volta a Igrexa.


Esta tradición viuse truncada no ano 2008 por causa da implantación da nova normativa de seguridade dictada por Ministerio de Fomento según Real Decreto 62/2008 do Reglamento das Condicións de Seguridade Marítima no mar aplicables ás Concentracións Nauticas de Carácter Conmemorativo. O porto de Laxe, foi no ano 2009 o 1º porto en toda España en cumplir coa Normativa, sendo un honor e un privilexio poder servir de exemplo para o resto dos Portos.


A Procesión Marítima en Laxe distinguese polos medios utilizados pola Organización do Evento, ofrecendo chalecos salvavidas a tódolos seus participantes e aportando unha pasarela co obxetivo de facilitar o embarque e desembarque dos visitantes evitando posibles riscos.


voluntarios da organización no embarque

Co fin de obter unha boa organización, contamos coa colaboración da Consellería do Mar, Portos de Galicia, Cruz Vermella, Concello de Laxe: Policia Local e Protección Civil.

Agradecendo a Colaboración e Participación de todas elas, sen as cales non sería posible a correcta organización deste evento.