Rutas Guiadas :: Rutas polo porto

Escoitando a explicación no portoEstas rutas están dirixidas a persoas de tódalas idades, sexan visitantes ocasionais ou grupos concertados, son realizadas pola guía da Confraría, que ao longo dun percorrido efectuado polo porto, informa aos participantes sobre os distintos aspectos da vida do pescador. Esta información oral apóiase con paneis ilustrativos colocados por todo o recinto portuario.

Ó longo do percorrido o visitante vai coñecendo paso a paso todos os recunchos do porto, así como da vida dos mariñeiros de Laxe, dende o seu traballo, ata as súas costumes e tradicións, para que de este xeito poida valorar na súa xusta medida o traballo do pescador.

Co noso Proxecto pretendemos que quen nos visite se sinta mariñeiro por un día. Que mellor maneira de iniciar a súa andaina no marabilloso mundo do mar, que compartir un agradable momento coas xentes do mar de Laxe.

Para concertar unha visita de grupo polo porto, póñase en contacto ca Confraría no número 981 728 100, no correo electrónico info@mardelaxe.com ou no apartado RESERVAS desta sección.