Actualidade :: Novas

PROXECTO DE PROMOCIÓN DA RUTA DOS PEIXES E MARISCOS DA LONXA DE LAXE

EXPEDIENTE: GALP3-094

Tipo de inversión: Proxecto de Promoción da Ruta dos Peixes e Mariscos da Lonxa de Laxe

Proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE GALP3-094
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 11.770,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 10.593,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 90%
PROXECTO ANUAL 2022
DATA EN POSTA EN MARCHA 30/07/2022
O desenvolvemento do Proxecto consistiu en realizar en primeiro lugar unha ruta polo porto denominada a “ Ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe “, e posteriormente participar nos dous talleres gastronómicos para nenos e nos dous showcooking que se realizaron durante o fin de semana do 30 e 31 de xullo de 2022.
As actividades do Proxecto de promoción da ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe, se realizaron ao aire libre nunha zona habilitada no porto de Laxe.
A programación das actividades se realizou da seguinte maneira, unha ruta polos carteis colocados no porto e un showcooking o sábado pola mañá, e unha ruta e un taller gastronómico para nenos o sábado pola tarde; e unha ruta e un showcooking o domingo pola mañá, e unha ruta e un taller gastronómico para nenos o domingo pola tarde.
A ruta esta composta por dez carteis colocados dende a entrada ao porto de Laxe ata a lonxa.
O primeiro cartel é o da presentación da ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe, e os seis carteis seguintes mostran as principais características técnicas e culinarias das distintas especies de pescados e mariscos que se comercializan diariamente na lonxa de Laxe.
Na parede frontal da lonxa están colocados outros tres carteis, dous deles os colocados en primeiro e último lugar mostran imaxes das distintas especies de pescados e mariscos, e o cartel situado no centro , mostra información sobre os distintos procesos de comercialización que se levan a cabo diariamente na lonxa de Laxe, clasificación, pesaxe, etiquetado e poxa.
O obxectivo primordial da realización de estas actividades foi o de promocionar e poñer en valor os pescados e mariscos que se venden na lonxa de Laxe, a través da divulgación e o coñecemento das principais características dos produtos procedentes da pesca costeira artesanal das embarcacións do porto de Laxe.
A importancia de poñer en valor os nosos produtos ten que servir para establecer un elemento diferenciador con outros produtos que aínda que teñen un prezo máis baixo non garanten un nivel de calidade tan alto como os que comercializan na nosa lonxa.
As actividades do sábado comezaron pola maña con unha realización de unha ruta que comezaba no primeiro cartel que era o de presentación da Ruta dos Peixes e Mariscos da lonxa de Laxe, donde os participantes recibían unha explicación en que consistía a ruta, e cal era o obxectivo da súa creación.
A continuación se ía pasando cartel a cartel, facendo en cada un de eles unha breve explicación das principais especies e as súas características, dende outro punto de vista diferente ao que se había realizado ata agora pola confraría, nas diferentes accións de promoción dos produtos que se venden diariamente na lonxa de Laxe.
Ese elemento diferenciador ao que faciamos referencia se trataba de clasificar as principais especies mediante o tipo de arte co que eran capturadas, engadindo ademais outro tipo de conceptos novos como por exemplo, o código internacional FAO, o nome científico, e tamén a principal opción de preparación de cada produto.
O remate da ruta se fixo nos tres carteis que se encontraban na parede dianteira da lonxa, donde se abordaban os distintos procesos de comercialización que se facían diariamente na poxa da lonxa de Laxe, clasificación, pesaxe, etiquetado e posterior subasta.
O sábado día trinta pola maña, despois de facer a ruta, os participantes asistiron a celebración de un showcooking donde puideron participar de maneira activa na elaboración dos distintos produtos que posteriormente se serviron para a súa degustación, recibindo en todo momento unha amplía explicación de cada proceso de elaboración, e interactuando en moitísimas ocasións co equipo de cociña que realizou o evento, ben facéndolle calquera tipo de consulta, ou tamén aportando ideas de como eles facían eses produtos cando os cociñaban nas súas casas.
Pola tarde se celebrou un taller gastronómico para nenos donde os máis pequenos puideron preparar e degustar de maneira moi divertida varias elaboracións donde se empregaron produtos procedentes da lonxa de Laxe. Os máis cativos desfrutaron enormemente da experiencia de poder elaborar os pratos que posteriormente ían a degustar.

O domingo día trinta e un pola maña, despois de facer a ruta, os participantes asistiron de novo a celebración de un showcooking donde como había ocorrido o día anterior a implicación tanto na elaboración como na posterior degustación foi moi grande, mostrando unha total sintonía co equipo de cociña encargado de realizar o evento, preguntando continuamente sobre os distintos aspectos de cada elaboración, e aportando ideas de como o eles mesmos os facían nos seus fogares.
Pola tarde se celebrou un taller gastronómico para nenos donde os máis pequenos puideron preparar e degustar de maneira moi divertida varias elaboracións donde se empregaron produtos procedentes da lonxa de Laxe. Os máis cativos desfrutaron enormemente da experiencia de poder elaborar os pratos que posteriormente ian a degustar.
A valoración final que debemos facer dos resultados da realización das actividades previstas no Proxecto de promoción da ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe é moi satisfactoria, xa que a participación nas actividades realizadas durante o último fin de semana do mes de xullo foi moi alta, mostra delo é que se tivo que aumentar o número de prazas que estaban previstas para cada actividade, porque a demanda foi moi grande. Ademais da alta participación, debemos destacar o alto grado de implicación de todos los asistentes ás actividades realizadas dentro do proxecto, e cando falamos de implicación en cada unha das actividades, non só nos referimos aos adultos, se non tamén aos nenos.
Deste xeito tendo en conta o exposto anteriormente, e facendo unha valoración dos resultados acadados co desenvolvemento do Proxecto de promoción da ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe, podemos considerar que o obxectivo do proxecto quedou amplamente cumprido, xa que se conseguiu que todos los participantes coñecesen un pouco mais as principais características dos produtos que se comercializan diariamente na lonxa de Laxe, non só dende o punto de vista técnico, se non tamén dende o punto de vista culinario, no que se refire á preparación e elaboración de estes produtos.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022