Actualidade :: Novas

XORNADA DE CONSERVACIÓN DAS ESPECIES:

Unha das xornadas realizadas este ano 2011, foi a de concienciación a modo persoal da conservación mariña, por elo dende o mardelaxe xurdiu a iniciativa xuvenil de participación dun grupo o cal empezamos a traballar con eles ofertando diversas actividades

Parte das actividades foron a dunha Charla Informativa a modo pequeno Taller Dibulgativo como pequena introducción se lle explicaron as diferencias que existen entre as artes de pesca, coa opción de utilizar material da aula, e ensinar o traballo das redeiras, fomentando a participación práctica entre ambos, axudados polos diferentes prototipos de artes que alí están depositadas, tamén se utilizaron diversas cunhas de diferentes mariscos a modo de dinámica cuxa finalidade era a da apreciación das características que éstos posúen.
Outra actividade conxunta é a da iniciación a Pesca Deportiva, unha vez rematado a xornada de taller, seguese coa explicación de utilización de Pesca, e concienciación do papel importante que cada un ten dentro da conservación do patrimonio, polo que é necesario expoñer diversas normativas, basadas nos tamaños, topes e vedas da diversidade de especies que na nosa ría se encontran.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024