Este acercamento realizouse co afán de dar a presentar e coñecer as diferentes actividades que se levan a cabo no proxecto.
Parte destas actividades foron xogos, os cales iban precedidos cunha pequena introducción a modo de pequeno conto, no que se detalla a importancia da pesca artesanal, a consumición das especies respectando as pertinentes tallas legais, a conservación do medio mariño por parte da humanidade e a concienciación persoal da participación individual de cada individuo.
Co fin de que os cativos se involucrasen totalmente tanto física como psicolóxicamente foi necesario elaborar unha serie de tarxetas, as cales mediante debuxos tratan de ensinar características sobre a pesca (especie-arte utilizada), outras eran simples puzles de unión servindo como pequeno descanso e gratitude por parte do grupo infantil e outras adiviñas, a modo concurso de preguntas os cales reflexan os coñecementos adquiridos durante esta xornada.