Dende as 10.30 ata as 13.30 horas do Sábado 11 de Setembro do 2010, no Porto de Laxe toda a xente que quisese estaba invitada ó disfrute da realización dos 4 posibles tipos de exercicios de simulacro de rescate producidos no mar.
Entre os asistentes encontrabanse diversos cargos como: Isabel Durantez Gil -Directora Xeral da Marina Mercante, Esther Gonzalez Saavedra -Directora da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, José Manuel Pose - Subdelegado do Goberno, Jose Luis Rodriguez ? Secretario de Asoar Armega , José Manuel Barcía Mira-Patrón Maior de Laxe e Antón Carracedo Sacedón ?Alcalde de Laxe.
ORGANIZA: ASOAR ARMEGA e COLABORA: SALVAMENTO MARÍTIMO, CONCELLO DE LAXE, COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE, PROTECCIÓN CIVIL E E CRUZ VERMELLA.
AS ACTIVIDADES REALIZADAS FORON:
1º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: INCENDIO BUQUE
A embarcación Soprol cos seus 4 mariñeiros abordo da aviso de chamada de socorro a Salvamento Marítimo dado a que se produce dous incendios na proa e popa do buque, utilizan os extintores que poseen abordo pero ó non ser capaces de apaga-lo lume, preparanse colocando os chalecos salvavidas e tirando a súa lancha salvavidas ó mar, abandonan buque saltando un por un e nadando ata ela. Unha vez alí esperan a ser rescatados polo bote auxiliar Don Inda, mentres a embarcación Salvamar Altair intenta apagar o lume do Soprol con chorros de auga.
O bote de rescate Don Inda procede ó traslado dos 4 náufragos á terra, 2 deles sufren queimaduras graves polo que son atendidos pola Cruz Vermella.
2º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: VÍA DE AUGA
A embarcación Virgen del Carmen solicita axuda a Salvamento Marítimo debido a entrada dunha vía de auga producida na súa embarcación. Incapaces de achicar a auga a tripulación prepárase para o abandono do buque, colocando cada un dos 4 membros da tripulación o seu chaleco salvavidas.
Unha vez no mar, forman unha piña na auga mentras esperan ser rescatados polo Helicóptero de Salvamento Pesca 211; os náufragos utilizan unha bengala de man conseguindo que o Pesca 211 os localice rápidamente , realizando o rescate subindo a bordo a cada un dos náufragos voluntarios e procedendo ó seu traslado a terra.
3º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: HOMBRE Á AUGA
A embarcación Naxeiro, perde un home que caeu ó mar dado ó mal tempo, o patrón decide dar volta na súa búsqueda pero debido a escasa visibilidade solicida axuda a Salvamento Mariño.
Hasta alí achégase a embarcación Salvamar Altair que procede a búsqueda e rescate do home á auga, o cal presenta síntomas de hipotermia polo que é transbordado na embarcación da Cruz Vermella, Taín, a cal o traslada a terra onde Protección Civil presta os primeiros Auxilios mentres non chega a ambulancia que o traslade ó hospital.
4º EXERCICIO DE SIMULACRO DE RESCATE: PROBLEMAS FÍSICOS GRAVES
Os buceadores da embarcación Nuevo Modes encontranse traballando, cando se dan de conta que un dos seus compañeiros sufre problemas de respiración, prestanlle axuda levando ó seu compañeiro ferido ó seu propio barco aínda que éste segue con problemas de respiración polo que dan aviso a Salvamento Mariño.
Inmediatamente acude na súa axuda a embarcación Salvamar Altair, a cal transborda ó accidentado a embarcación da Cruz Vermella Taín. Esta é a encargada de achegalo á terra onde Protección Civil lle realiza os primeiros auxilios, por último o ferido é transladado na ambulancia ó Hospital.
UNHA VEZ REMATADOS OS EXERCICIOS DE SIMULACRO HOUBO XORNADAS DE PORTAS ABERTAS E VISITA GUIADA POLO REMOLCADOR DE SALVAMENTO DON INDA ATRACADO NO PORTO DE LAXE PARA O DISFRUTE DE TODA A PERSOA INTERESADA .