O pasado venres 21 de novembro, ás 20:30 h, presentouse no salón de actos do Concello de Laxe o documental ?Naufraxio?.
Un documental centrado na representación do Naufraxio de Laxe, no que se destaca o orgullo de pertencer a unha profesión vinculada ó mar, facendo unha homenaxe a todos eses mariñeiros que un día non puideron regresar á terra.
Á presentación acudiron gran número de persoas interesadas en ver na gran pantalla ós seus achegados e veciños e gozaron de trece breves pero intensos minutos de documental.
Ademais do numeroso público, que se encheu de emoción ó contempla-las imaxes, tamén puidemos contar ca presenza de Antonio Carracedo Sacedón, alcalde do Concello de Laxe; Daniel López Montero, director e guionista do documental e Antonio Devesa, secretario da Confraría de Pescadores que pronunciaron unhas breves palabras de presentación.
Este documental foi producido por Mandeo Records cunha idea orixinal de Mardelaxe e gravouse grazas á subvención concedida pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que mostrou, desde o primeiro momento, gran confianza no proxecto de turismo mariñeiro Mardelaxe e o apoia.
?Naufraxio? preténdese difundir en breve entre aquelas persoas interesadas en posuílo e intentarase levar ás feiras de turismo para que os posibles visitantes o visualicen no estand de Galicia, como aperitivo do que se atoparán cando se acheguen a visitarnos.