O pasado sábado 25 de outubro tivo lugar un Seminario para a Difusión e Creación de Empresas. Unha experta de BIC Galicia explicou ós case 20 asistentes, diferentes temas imprescindibles á hora de crear unha empresa, como as dificultades coas que se pode atopar un emprendedor, como se pode xerar unha boa idea empresarial, como efectuar unha primeira avaliación da idea, como converte-la idea en empresa,...
A continuación José Mira Turnes, un exemplo de emprendedor da zona, explicou a súa experiencia como emprendedor e fixo ver ós presentes como é posible facer unha empresa partindo dunha idea.