O próximo venres 21 de novembro ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Laxe, poderemos gozar co documental "Naufraxio".
O pasado 17 de agosto cámaras do estudio de gravación Mandeo Records, ocupáronse de recoller as mellores imaxes da procesión da Virxe do Carme e da representación do Naufraxio. Tamén recolleron outras imaxes e entrevistas que forman parte da sorpresa final que se presentará o vindeiro venres 21 de novembro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Concello de Laxe (Rúa Vila Amparo, 23)
Na presentación contaremos ca presenza de Antonio Carracedo Sacedón, alcalde do Concello de Laxe e Daniel López, director e guionista do documental.
Algúns datos do documental:
Dirección e guión: Daniel López
Dirección de fotografía: Caamaño Castro
Montaxe: Raquel Castro
Equipo de rodaxe: Clack Produccións.
Produción: Mandeo Records
Subvención: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
Idea orixinal: Confraría de Laxe e Mardelaxe
Sipnose: Un documental centrado na representación do Naufraxio de Laxe, no que se quere destacar o orgullo de pertencer a unha profesión vinculada ó mar, facendo unha homenaxe a todos eses mariñeiros que un bo día non puideron regresar.
Dende a Confraría de Pescadores de Laxe esperamos poder contar con vosa presenza.
Non faltedes á cita!
Ligazóns recomendadas
Que pasa na Costa
Mandeo Records