Tipo de inversión: Mellora da seguridade e as condicións de traballo das persoas
Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
NÚMERO DE EXPEDIENTE: PE209G-2022/24
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO: 26.950,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 26.950,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN: 100%
PROXECTO ANUAL: 2022
DATA DE POSTA EN MARCHA: 25/02/2022
Este proxecto se iniciu o día 25 de febreiro de 2022, data na que foi presentado a través da sede electrónica. O día 25 de agosto de 2022, foi entregada a maquinaria necesaria para levar a cabo as accións de este proxecto.
Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:
As accións que se acometeron foron a adquisición dunha carretilla eléctrica elevadora, con capacidade para realizar todos os traballos de carga e descarga que se levan a cabo a diario no porto de Laxe, en relación coa actividade pesqueira, como a carga e descarga de pescado, a carga, descarga e traslado de aparellos dende as embarcacións ata o lugar de almacenamento, o transporte de embarcacións de pequeno porte dende a grúa ata a zona de mantemento, etc.
Esto supón unha mellora importante na seguridade e nas condicións de traballo das distintas persoas que realizan diariamente traballos de carga e descarga complementarios e necesarios para a actividade pesqueira.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa adquisición do material:
A localización destas accións é no porto de Laxe, lugar donde os distintos sectores profesionais, artes menores, cerco, volanta, rascos, recursos específicos, realizan todo los traballos de carga e descarga necesarios para o desenvolvemento diario da actividade pesqueira, como son a carga e descarga de aparellos de pesca, o traslado de pequenas embarcacións para a realización de labores de mantemento, ou a carga e descarga das capturas para o seu traslado á lonxa, donde se realiza a maior parte da actividade de este proxecto, xa que durante a poxa os compradores tamén realizan traballos de carga e descarga, necesarios para poder levar a cabo a compra das distintas especies que se comercializan diariamente na lonxa de Laxe.
Os resultados que se acadan son claramente satisfactorios para o sector, xa que se consigue unha maior axilización de todo o proceso, co conseguinte aforro de tempo, ademáis de unha maior seguridade do persoal que realiza as distintas labores de carga e descarga.
Esta axilidade no traballo, xunto coa reducción do esforzo e o aumento da seguridade, tamén se produce cando os compradores realizan a carga dos pescados e mariscos nos vehículos de transporte.
Tamén é importante destacar que con estas accións se melloran aspectos que teñen unha influencia positiva nas condicións de saúde dos traballadores do sector do mar de Laxe, xa que produce unha importante reducción dos esforzos que se realizan nos distintos traballos de carga, descarga, e transporte de aparellos, que ata de agora se levaban a cabo de unha forma manual.
Ao mesmo tempo melloramos tamén a eficiencia no traballo, xa que realizamos un maior número de traballos, nun menor tempo.
ACTIVIDADE:
Mellora das condicións de carga e descarga, dos distintos traballos complementarios da actividade pesqueira.
Características técnicas: CARRETILLA ELÉCTRICA ELEVADORA
Marca Carretilla eléctrica: HC
Modelo CPDS18-AC6 Nº Serie: L4BA03747
Tipo de tracción ou alimentación Eléctrico por batería
Material de fabricación Aceiro, ferro e unha aliaxe composta por ámbolos dous.
Capacidade de carga 1.800,00 kgrs
Cumprimento normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado
Cumprimento normativa hixiénico-sanitaria
Outras características técnicas de interese
Eléctrica de tres rodas superelasticas antihuella; mástil triplex a 4.500 MM.; desplazador lateral, avisador acústico de marcha atrás, destéllante, espello retrovisor panorámico, dúas luces dianteiras e unha traseira, horquillas de 1.200 MM., teito protector, apoio de carga, batería de 48V-500AH; cargador 48V.