Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MUSEALIZACIÓN DA LONXA DE LAXE

EXPEDIENTE: GALP3-049

Tipo de inversión: Proxecto de musealización da lonxa de Laxe

Proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE GALP3-049
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 32.720,18 ?
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 29.448,16 ?
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 90 %
PROXECTO ANUAL 2019
DATA DE POSTA EN MARCHA 25/11/2019

A execución do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe foi levada a cabo seguindo o cronograma establecido na memoria para a elaboración do Plan de xestión, establecendo unhas directrices marcadas de antemán que pretendían axilizar o máis posible a execución das obras plantexadas en dita memoria, para reducir os inconvintes ocasionados por ter que realizar a subasta do pescado noutro local que non dispoñía de todos los servizos que existen na propia lonxa, e por outra parte se buscaba acadar o máximo rendemento posible en cada acción realizada, mediante a sincronización dos distintos traballos que se pretendían realizar.
Para iso se realizaron varias reunións previas ao comezo da obra, co obxetivo de definir cal era a mellor forma de levar a cabo os traballos a realizar, chegando a conclusión de que se debería seguir o seguinte orde para acadar o máximo rendemento na execución das obras; colocación de falso teito, instalación eléctrica, pavimentado da lonxa, e para rematar a colocación dos carteis informativos.
O inicio das obras foi a mediados do mes de outubro, debido a que ata que non chegou a resolución de concesión da axuda ao Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, a finais do mes de setembro, non se lle comunicou aos provedores o comezo da execución das obras, polo que foi necesario que estes dispuxesen de un tempo dende a notificación, para solicitar o material necesario para realizar os traballos que se pretendían realizar para a execución do Proxecto.
A primeira acción que se levou a cabo foi a colocación do falso teito composto por lamas de PVC, por debaixo das serchas, para ocultar a visión das mesmas e das uralitas do tellado. Estas lamas se suxeitaron mediante varillas roscadas ás viguetas do teito.
A continuación se procedeu a realizar a instalación eléctrica do alumbrado, co obxetivo de mellorar a iluminación da lonxa de cara a acadar a mellor visualización posible dos paneis informativos.
Unha vez finalizada a colocación da instalación eléctrica do alumbrado, se procedeu a pavimentación do solo da lonxa, mediante a aplicación de multicapa de resina epoxi antideslizante, para evitar resbalóns das persoas que van a visitar á lonxa de Laxe, tendo en conta que se trata de unha superficie que esta continuamente húmida, debido á metodoloxía de traballo que se leva a cabo diariamente na lonxa de Laxe.
Para rematar e unha vez finalizadas todas las accións anteriores, se procedeu a colocar os paneis informativos, de maneira que se puidera seguir un orde marcado polos distintos procesos que se levan a cabo diariamente na venda do pescados e mariscos, dende que se extraen no mar, se trasladan ao porto, se descargan no porto, se clasifican, pesan e etiquetan, ata que se procede a súa venda na subasta diaria. Todo isto apoiado con un panel que mostra algunha das zonas donde pescan habitualmente as nosas embarcacións.
O motivo de seguir unha orde preestablecida na colocación dos paneis, vai encamiñado hacia o tipo de visitas que se pretenden levar a cabo, neste caso unha visita libre durante o tempo que permanece aberta a lonxa, ou ben unha visita guiada por persoal da lonxa, donde os paneis informativos serven de apoio as explicacións de dito persoal.
Os obxetivos acadados son os que en un principio se estableceron na realización do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, tendo en conta de que esta se trata de unha valoración provisional, xa que a valoración final dos mesmos se deberá levar a cabo, unha vez que comecen as visitas, tendo en conta que a posta en marcha do Proxecto coincide co período de tempo donde o pobo de Laxe, recibe o menor número de visitantes, debido sobre todo ás malas condicións meteorolóxicas, que son unha constante neste parte do ano, ao que hai unir que os colexios no solen planear visitas externas neste tempo, pola cercanía das vacacións do Nadal, fai que sexa un período de tempo que non reflexa realmente o alcance que pode ter o Proxecto en base as visitas recibidas.
Este proxecto no crea directamente ningún tipo de negocio, pero si é certo que axuda a consolidar os xa existentes, debido a que o aumento do número de visitantes ao pobo de Laxe, axuda a incrementar o consumo diario nos distintos establecementos que existen no noso pobo, ven sexa de restauración ou de comercio.
Tendo en conta os aspectos descritos ata o momento, consideramos que se pode dicir con total certeza de que a posta en marcha do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, ten cumprido amplamente a finalidade para o que foi presentado, xa que se trata de un proxecto innovador, que aporta a posibilidade de ter unha visión o máis cércana posible de cales son tódolos pasos que se seguen dende que se extrae o produto no mar ata que chega ao consumidor final, todo iso nun espazo, como é a lonxa donde se levan a cabo a maioría dos procesos descritos anteriormente.
A Confraría ten establecido un plan de difusión moi ambicioso, co que se pretende chegar ao maior número de persoas posible, o que permitiría acadar o maior número de visitas posibles, ademais de servir para trasladar esta experiencia aos distintos territorios que forman parte do GALP3 - Costa da Morte, xa que se trata de un Proxecto perfectamente adaptable a calquera outro porto do noso territorio.
Este plan de difusión estaría composto principalmente de unha campaña continuada nas redes sociais, facebook, instagram, twitter, etc., e da realización de xornadas de difusión encamiñadas aos diversos sectores que estarían interesados en realizar as visitas á lonxa de Laxe, como pode ser o sector educativo, o sector hostaleiro, e o sector turístico, que é o encargado de transmitir todas las alternativas socioculturais que se poden visitar no noso territorio.
En canto ás medidas de publicidade, cabe destacar aquelas que xa se teñen realizado e que son de obrigado cumprimento para darlle a adecuada publicidade á axuda recibida, facendo mención ao carácter público do financiamento do investimento realizado, e coa expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), como por exemplo a colocación de un cartel en formato A3, no que se mencione o apoio financeiro da UE, a colocación de unha placa permanente, nun lugar ben visible para o público, e a descrición do Proxecto na páxina web da Confraría de Pescadores de Laxe.
A posta en marcha do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe, permite acadar uns resultados que contribúen a lograr o obxetivo xeral do proxecto, en canto ao incremento do emprego e a cohesión territorial, mediante a divulgación de diversos aspectos do sector pesqueiro, que aínda que xa son coñecidos, se mostran dende unha perspectiva distinta, utilizando un dos espazos máis vinculados á actividade pesqueira, como é neste caso a lonxa de Laxe.
Coa execución de este proxecto se consigue o mantemento da actividade vinculada ao mar, xa que as que accións que se levan a cabo no mesmo, serven para reforzar a autoestima dos pescadores, e consiguen o incremento do valor engadido dos seus productos, debido a divulgación dos distintos procesos que se levan a cabo cos pescados e mariscos, dende que se extraen no mar ata que son vendidos na subasta diaria, ademais de compatibilizar o aproveitamento dos elementos medioambientais e os patrimoniais para lograr a diversificación do sector do mar, logrando de este xeito cumprir cos obxetivos específicos establecidos no Proxecto de musealización da lonxa de Laxe.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024