Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MODERNIZACIÓN DOS EQUIPAMENTOS DA LONXA DE LAXE

PROXECTO PE209D-2018/15-18

Tipo de inversión: Mellora das condicións de traballo e seguridade das persoas

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209D-2018/15-18
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 28.950,00 ?
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 28.950,00 ?
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100 %
PROXECTO ANUAL 2018
DATA DE POSTA EN MARCHA 16/11/2018

Este proxecto se iniciu o día 16 de novembro de 2.018, data na que foi entregada a carretilla eléctrica elevadora. Por conseguinte, ao realizarse a entrega sen incidencia algunha que destacar, levouse a cabo a posta en marcha do mesmo.

Descrición das accións que se acometeron e obxetivos:

As accións que se acometeron foron a adquisición dunha carretilla eléctrica elevadora, con capacidade para realizar todos os traballos de carga e descarga que se levan a cabo a diario no porto de Laxe. Esto supón unha mellora importante na prestación dos servizos que se realizan na lonxa, o que mellora considerablemente o traballo dos propios pescadores e mariscadores de este porto e máis os de outros portos que se achegan a nosa lonxa para facer as súas vendas, por canto se lles facilita o traballo de descarga, traslado á lonxa e exposición para efectuar a venta diaria.

Os obxectivos deste proxecto cumprironse coa adquisición da carretilla eléctrica elevadora.

A localización destas accións é no porto de Laxe, e principalmente na lonxa da confraría de pescadores de Laxe, donde se gracias a execución do proxecto se leva a cabo unha mellora das condicións de traballo de todos os sectores profesionais: sector de artes menores, sector do cerco, sector da volanta, sector de rascos, recursos específicos, percebeiros a pé e a flote, etc...., así coma dos compradores que tamén teñen a súa actividade neste porto e na lonxa, mediante a compra e comercialización dos produtos pesqueiros, que se subastan diariamente na poxa da lonxa de Laxe.

Resultados

Os resultados que se acadaron son claramente satisfactorios para o sector, xa que se consiguiron unha maior axilización de todo o proceso, co conseguinte aforro de tempo, ademáis de unha maior seguridade do persoal que realiza as distintas labores de carga e descarga.

Esta axilidade no traballo, xunto coa reducción do esforzo e o aumento da seguridade, tamén se produce cando os compradores realizan a carga dos pescados e mariscos nos vehículos de transporte.

Tamén é importante destacar que con estas accións se melloran aspectos que teñen unha influencia positiva nas condicións de saúde dos traballadores do sector do mar de Laxe, xa que produce unha importante reducción dos esforzos que se realizan nos distintos traballos de carga, descarga, e transporte de aparellos, que ata de agora se levaban a cabo de unha forma manual.

Ao mesmo tempo melloramos tamén a eficiencia no traballo, xa que realizamos un maior número de traballos, nun menor tempo.

As accións do proxecto acadaron unha mellora das condicións de descarga, traslado á lonxa e exposición para primeira venta.

Características técnicas: CARRETILLA ELÉCTRICA ELEVADORA
Marca Carretilla eléctrica: STILL
Modelo RX20-18 Nº Serie: 516223J00630
Tipo de tracción ou alimentación Eléctrico por batería
Material de fabricación Aceiro, ferro e unha aliaxe composta por ámbolos dous.
Capacidade de carga 1.800,00 kgrs
Cumprimento normativa Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado: Cumprimento normativa hixiénico-sanitaria Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria.
Outras características técnicas de interese Eléctrica de tres rodas superelasticas antihuella; mástiltriplex a 4.320 MM.; desplazador lateral, avisador acústico de marcha atrás, destéllante, espello retrovisor panorámico, dúas luces dianteiras e unha traseira, horquillas de 1.200 MM., teito protector, batería de 48V625AH; cargador 48V.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024