O proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños de Laxe pretende en esencia a consecución de dous obxectivos fundamentais, que como ben o seu nome indica, son os de conservar os recursos mariños do noso ámbito territorial e xestionalos dunha maneira económica e ecoloxicamente sostibles.
Cando falamos de conservación, englobamos as acción prioritarias de control de acceso ós bancos marisqueiros e extracción do recurso, vixilancia das costas e cooperación coas autoridades competentes en materia de seguridade para evitar a comisión de delitos que poidan prexudicar tanto ós bancos como a todo o ecosistema que os sustenta. O apoio do financiamento europeo, permite dende moitos anos atrás, a contratación dun gardapesca que desenvolve estas actividades.
Ó referirnos á xestión, estamos englobando a avaliación, seguimento e asesoramento na extracción dos recursos que se están a explotar no noso ámbito territorial. É neste caso a Asistencia técnica, a que dende un punto de vista biolóxico, realiza o seguimento tanto cualitativo como cuantitativo da actividade extractiva, co fin de avaliar o estado dos recursos e do medio que os sustenta para adaptar unha xestión o mais sostible posible. A xestión en sí, realízase a través dos Plans de Xestión anuais, cuxo seguimento conleva un grande traballo que se desenvolve ó longo do ano grazas a contratación da Asistencia técnica, posibilitada polo financiamento europeo.
Todas as actividades que se levan a cabo, están ademais encadradas na Directiva marco da Estratexia mariña, que facilita os instrumentos onde se han de encadrar as actividades marisqueiras para conseguir o bo estado ambiental do medio mariño. Como adaptación á estratexia, todos os Plans de xestión, inclúen unha serie de compromisos que se han de levar a cabo en relación ós descritores que determinarán o bo estado ambiental das nosas costas.
A formación e a divulgación son os instrumentos cos que trasladar ó marco social os obxectivos prioritarios de mantemento do bo estado ambiental, uso sotible do medio mariño e protección e preservación da súa diversidade. Por elo tamén o proxecto encadra actividades formativas neste sentido.
Este proxecto de xestión e conservación, conclúe nun positivo desenvolvemento das campañas marisqueiras a nivel produtivo, e polo tanto tamén a nivel económico e social. Por elo, tradúcese nun impacto moi favorable para un pequeno pobo como o de Laxe, no que as actividades pesqueira e marisqueira son esenciais.