Gastronomía :: CONGRO CON ARROZ

INGREDIENTES

¼ kg de arroz
1 ½ kg de congro da parte aberta
1 dente de allo
2 gr de pementa
1 podalla de perexil
1 cebola picada
1 cullerada de pemento 1 vaso de aceite.
2 ½ vasos de auga
azafrán
sal

PREPARACIÓN

O congro pártese en anacos, despois de limpo, e adobase co allo, o perexil, a pementa e o sal machucados no morteiro.

Nunha cazola ponse a dourar a cebola picada no aceite, e cando estea estofada agréganselle os anacos de peixe, o pemento, o azafrán e a auga. Cando rompe ao ferver botaselle o arroz e déixase cocer ata que estea aberto e no seu punto. Se necesita máis auga engádeselle, pois ha de quedar un pouco caldoso.

Convén movelo de cando en vez para que non se pegue, pero con coidado para que o peixe non se desfaga. Esta receita serve tamén para outros peixes, entre eles a anguía.


Volver