Que ver :: 3. Praias

A Ría de Corme e Laxe é un lugar idóneo para a práctica de deportes náuticos (natación, vela, submarinismo, ski acuático, pesca). Quen se acerque ó municipio de Laxe tamén poderá gozar das súas marabillosas praias.

Praia de Traba

Atopámola en Boaño (Traba) Esta praia virxe de mar aberto e area fina, ten unha extensión de 2.870 m e está rodeada por dunas, marismas e unha lagoa pragada de lendas e de gran valor medioambiental. O grande interese medioambiental da lagoa e da praia de Traba recoñeceuse ó ser declarada pola Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas como Espazo Natural no 1990.

Praia de Laxe

De area fina e branca este areal con bandeira azul, esténdese 1.320 m. en forma de cuncha. Está situada na zona urbana da vila de Laxe e conta con tódolos servizos correspondentes á Bandeira Azul e a unha praia urbana.

Praia de Soesto

Praia de mar aberto que conta con 860 m. de areal, o último fin de semana de agosto celébrase nela unhas das probas do Campionato de España de Surf, xa que é ideal para a práctica deste deporte.

Praia de Arnado

Pequena cala de 90 m. e area fina, situada nunha zona acantilada entre as praias de Soesto e Traba.


Volver