Actualidade :: Novas

REALIZACIÓN DA PROCESIÓN MARÍTIMA

O PROXECTO MARDELAXE HONRA A NOSA SEÑORA A VIRXE DO CARME REALIZANDO A PROCESIÓN MARÍTIMA, SENDO O 1º PORTO EN TODA ESPAÑA EN CUMPLIR CO NOVO REGLAMENTO DICTADO POR MINISTERIO DE FOMENTO.

Procesion Maritima en LaxeA realización da Procesión Marítima é unha das tradicións que se cumplen na maioria dos portos pesqueiros, ainda que ésta, se viu truncada debido a nova normativa de seguridade dictada por Ministerio de Fomento según Real decreto 62/2008 do Reglamento das condicións de seguridade marítima na mar aplicables ás concentracións náuticas de Carácter conmemorativo .

O Porto de Laxe, foi no ano 2009, o 1º porto en toda España en cumplir con estas novas medidas de seguridade. Sendo un honor e un privilexio servir como exemplo para o resto dos portos de Galicia i España.

Unha das actividades previas aparte da organización do evento, foi a costrucción dunha rampla-pasarela necesaria para o embarque e desembarque dos participantes, mellorando así as entradas e saídas ás embarcacións, evitando certos perigos.


Tamén proporcionamos a tódolos participantes, chalecos salvavidas, os cales todos estaban rotulados co logotipo mardelaxe; cada embarcación participante levou o seu número de persoas autorizadas.

O 17 de agosto do 2009 tamén contamos coa colaboración e participación dos medios de Salvamento da Cruz Vermella (embarcación de Salvamento ?Tain? de Laxe), Protección Civil ( Voluntarios, Socorristas e embarcación de Salvamento ?Soliña?) e da Policia Local ; asi mesmo contando coa axuda económica da Xunta de Galicia ? Conselleria do Mar, sen a cal non sería posible este proxecto.

Ligazóns recomendadas

El Nuevo Narval es el encargado de llevar a la Virgen del Carmen

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024