Actualidade :: Novas

PROXECTO DE MELLORA DA CALIDADE E DO CONTROL DOS PRODUTOS DA PESCA NA LONXA DE LAXE

PROXECTO DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, DA PROTECCIÓN DO AMBIENTE, DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO, E DA CALIDADE E DO CONTROL E A RASTREXABILIDADE DOS PRODUTOS DESEMBARCADOS DA PESCA

CARTEL MODELO FEMPTipo de inversión: Mellora da calidade e incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca

Proxecto colectivo financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE PE209G-2022/03
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 9.772,00 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 9.772,00 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 100 %
PROXECTO ANUAL 2022
DATA DE POSTA EN MARCHA 17/02/2022

Este proxecto se iniciou o día 17 de febreiro de 2022, data na que foi presentado na Consellería do mar a través da sede electrónica.

Descrición das accións que se acometeron e documentación técnica dos equipamentos:

As accións que se acometeron foron a adquisición de dúas básculas pesa palets BPP 1250 x 850, de 1.500 quilos de aceiro inoxidable, e seis contedores isotérmicos de 600 litros con tapa e catro desaugues cada un, marcados co logotipo da Confraría de Pescadores de Laxe.
As básculas pesa palets son utilizadas para realizar o control e a pesaxe dos produtos procedentes da pesca do cerco, sobre todo sardiña, xurelo e xarda, estas capturas aumentaron considerablemente debido á concesión ao porto de Laxe da autorización para realizar a descarga de máis de 10 toneladas de determinadas especies peláxicas.
En canto aos seis contedores isotérmicos a súa finalidade é a da conservación do xeo que se produce na fábrica da confraría, xeo que é utilizado para manter nas mellores condicións, tanto o peixe que se vende na poxa diaria da lonxa de Laxe, como o que se vende pola noite na poxa do cerco.
O obxectivo deste proxecto cumpriuse coa adquisición do material:

CONCEPTO: IMPORTE: IMPORTE TOTAL
2 Básculas pesa palets: 6.790,00 €
6 Contedores Isotérmicos: 2.982,00 €

A localización destas accións é no porto de Laxe, principalmente na lonxa de Laxe, donde se realiza todo o proceso de comercializan dos produtos procedentes da pesca do día, e no peirao comercial donde se realizan todos los traballos de descarga, control e pesaxe dos produtos procedentes da pesca do cerco.
Os resultados que se acadan son claramente satisfactorios para o sector, xa que se consigue unha maior axilización de todo los procesos, o que se traduce nun aforro de tempo e de traballo, tanto para as embarcacións, como para os propios compradores, e ademais se consigue un mellor aproveitamento das condicións de mantemento do xeo que se utiliza para a conservación dos distintos produtos.
Tamén é importante destacar que con estas accións se melloran aspectos que teñen unha influencia positiva nas condicións de saúde dos traballadores do sector do mar de Laxe, xa que produce unha importante reducción dos esforzos que se realizan nos distintos traballos de carga, descarga, dos produtos desembarcados que proceden da pesca do cerco, xa que non é mesmo realizar o control e o pesaxe tendo que pesar caixa a caixa, que facelo pesando un palet enteiro que leve sobre 40 caixas.
Ao mesmo tempo melloramos considerablemente a eficiencia no traballo, xa que realizamos un maior número de traballos, nun menor tempo.


ACTIVIDADE:

Mellora das condicións de control e pesaxe dos produtos da pesca.
Características técnicas: BÁSCULA PESA PALETS
Marca GIROPES
Modelo GRS-Mc Nº Serie: 2100767
Material de fabricación Aceiro inoxidable
Capacidade de carga: 1.500,00 kg
Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado
Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria
Outras características técnicas de interese: Plataforma 4 células pesa palets BPP 1250 x 850. Indicador GI400I BAT peso-tara LCD inox. IP65

Características técnicas: BÁSCULA PESA PALETS
Marca GIROPES
Modelo GRS-Mc Nº Serie: 2100062
Material de fabricación Aceiro inoxidable
Capacidade de carga: 1.500,00 kg
Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo do equipo solicitado
Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria
Outras características técnicas de interese: Plataforma 4 células pesa palets BPP 1250 x 850. Indicador GI400I BAT peso-tara LCD inox. IP65

Características técnicas: CONTENEDORES ISOTERMICOS
Marca SAEPLAST
Modelo 04IS600
Material de fabricación Plástico
Capacidade de carga 600 litros
Cumpre toda a normativa (autonómica, nacional e comunitaria) para a posta en servizo.
Cumpre coa normativa hixiénico sanitaria
Outras características técnicas de interese: Contedor isotérmico 1200 x 1000 x 750 mm. Cor azul. Dobre parede, tapa cor azul, e catro desaugues de 2¨, agarres de elevación, sistema de peche mediante gomas, peso: 50 Kg. Numerados do 1 ao 6, marcados con CONFRARIA DE PESCADORES DE LAXE en cor negro.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024