Actualidade :: Novas

PROXECTO DE PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DOS PRODUCTOS DA PESCA ARTESANAL DE LAXE

EXPEDIENTE: GALP3-089

Tipo de inversión: Proxecto de Promoción e Posta en Valor dos Productos da Pesca Artesanal de Laxe

Proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

NÚMERO DE EXPEDIENTE GALP3-089
IMPORTE TOTAL DO PROXECTO 14.785,34 €
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO 13.306,81 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN 90 %
PROXECTO ANUALIDADE 2022
DATA DE POSTA EN MARCHA 06/08/2022

A execución do Proxecto de promoción e posta en valor dos produtos da pesca artesanal de Laxe foi levada a cabo seguindo o cronograma establecido na memoria do proxecto.
O desenvolvemento do Proxecto consistiu na organización da I Xornada de Pesca Artesanal “ A lonxa do mar de Laxe “.
A xornada se realizou no interior da lonxa de Laxe o sábado 6 de agosto de 2022, dende as dez da mañá ata as nove da noite. Durante todo ese tempo os asistentes puideron participar en diversas actividades que se levaron a cabo durante toda a xornada, así como tamén visitar a exposición permanente formada por unha gran cantidade de material de promoción e divulgación.
O obxectivo primordial da realización de estas actividades e da exposición permanente foi o de promocionar e poñer en valor os pescados e mariscos que se venden diariamente na lonxa de Laxe, a través da divulgación e o coñecemento das principais características que diferencian os produtos procedentes da pesca costeira artesanal das embarcacións do porto de Laxe.
Durante a celebración da xornada a lonxa de Laxe se converteu nun gran espazo divulgativo donde se puido coñecer os diversos procesos que forman parte da comercialización dos produtos que se venden na lonxa de Laxe.
Para que os asistentes á xornada puidesen recibir unha información clara e concisa, os contidos expostos se dividiron en cinco bloques, dous como parte do proceso de comercialización, a clasificación, o pesaxe e o etiquetado, e a subasta; e outro tres no que se refire á clasificación das especies que se comercializan na lonxa de Laxe, pescados, mariscos, e recursos específicos.
Cada bloque contaba con un roll-up donde se explicaba os métodos de traballo no caso dos procesos de comercialización, e as principais características no caso das especies. Ao lado de cada roll-up había trípticos para que os asistentes ademais de visualizar a información na propia lonxa, a puidesen levar consigo.
Ademais dos roll-ups se colocaron tres lonas de 4 x 4, con fotos de pescados, mariscos e recursos específicos para que o asistentes puidesen visualizar de unha maneira moi clara a clasificación das especies da lonxa de Laxe.
Tamén se colocaron 40 caixas de pescado nas mesas de subasta, que levaban no seu interior a foto das 40 especies que máis se comercializaron durante o ano 2021, para que os asistentes puidesen comprobar unha das principais características da lonxa de Laxe, que no é outra que a amplía variedade de especies que se comercializan anualmente, tendo en conta de que aínda que para esta ocasión se escolleron 40 especies, durante o ano 2021 se venderon máis de 67 especies distintas.
A todo este material divulgativo temos que engadirlle aquel xa se encontraba no interior da lonxa e que forma parte do Proxecto de musealización da lonxa de Laxe e o que se incorporou procedente do Proxecto de Promoción e posta en valor da lonxa de Laxe e cultura mariñeira, o que enriqueceu aínda máis os contidos que se puideron ver durante a xornada no interior da lonxa de Laxe.
Durante todo a xornada se encontraban na lonxa catro persoas que se encargaron de prestar aos asistentes toda a información que era requerida sobre calquera dos contidos que se encontraba expostos no interior da lonxa.
En este sentido debemos destacar que unha gran parte dos asistentes mostraron un amplío interese en informarse sobre os diversos contidos expostos no interior do recinto, tanto no que se refire aos distintos procesos de comercialización, como tamén ás principais características das principais especies que alí se expulleron durante toda a xornada.
A exposición permanente que se puido visitar durante toda a xornada estivo acompañada de varias actividades, que se realizaron durante todo o día. Estas actividades comezaron coa celebración de unha mesa redonda que se denominou o consumo de peixe e o seu beneficio para a saúde, e que estivo formada por D. Antonio Basanta Fernández, Director Xeral de Pesca; por D. Jorge Eiroa Lopez, Director de compras de Vegalsa-Eroski; por Luz Cousillas, Dietista-nutricionista; por Antonio Devesa Bouzas, Secretario da Confraría de Pescadores de Laxe; e moderada pola periodista Cristina Viu. Na mesa redonda se trataron diversos aspectos relacionados co beneficio para a saúde do consumo de peixe, e sobre todo de peixe que se caracteriza pola súa gran calidade como o procedente da pesca costeira artesanal.
Previamente ao comezo da xornada se proxectou un pequeno vídeo que sirveu como punto de partida para o inicio da mesa redonda, donde se abordou o tratamento que se lle da ao produto dende que se pesca ata que chega a lonxa e se subasta, e tamén cando finalmente se pon á venda ao consumidor final.
A celebración da mesa contou con un gran número de asistentes que puideron escoitar os diferentes puntos de vista dos poñentes que formaban parte da mesa e que coincidiron plenamente en que é necesario promover o consumo de pescado entre os máis xovenes, tendo en conta de que se trata de un produto de alta calidade que contén elementos moi beneficiosos para a saúde das persoas.
A continuación se celebrou un taller gastronómico para nenos donde os máis pequenos puideron preparar e degustar de maneira moi entretida varios aperitivos donde se empregaron produtos procedentes da lonxa de Laxe. Os máis cativos desfrutaron enormemente da experiencia demostrando unha vez máis que non teñen ningún tipo de reparo á hora de consumir calquera tipo de pescado.
Unha vez finalizado o taller gastronómico para nenos foi o momento dos maiores que participaron de maneira moi activa na realización de un showcooking donde se puideron degustar distintas preparacións de produtos procedentes da lonxa de Laxe. Cada preparación foi acompañada de unha amplía explicación sobre a súa elaboración por parte do equipo encargado de realizar o evento.
Xa pola tarde, ás cinco, por ser a hora habitual da subasta diaria, se realizou unha poxa simulada, donde o público asistente puido participar como se fose un comprador de peixe, mercando os pescados que se encontraban no interior das 40 caixas depositadas nas mesas da lonxa. Para eso se lle facilitou unha tarxeta con un número que era o número que tiñan que dar unha vez que o subastador lle asignaba o lote despois de dicir “ meu “, xa que se trataba de unha poxa a viva voz como se fai a diario na lonxa de Laxe. Previamente ao comezo da poxa o subastador lle dou aos asistentes unha pequena explicación de como se tiña que facer para parar o peixe e o sistema de baixada dos prezos. É necesario destacar que foi unha experiencia moi enriquecedora donde o público participou de maneira moi activa.
Ao finalizar a subasta simulada se realizou un novo taller gastronómico para nenos que contou con unha amplía participación, e donde de novo os máis pequenos foron os protagonistas participando activamente na preparación dos produtos procedentes da lonxa de Laxe que máis tarde puideron probar. Ao igual que ocorreu no taller gastronómico de pola mañá, o que se realizou pola tarde tivo unha gran aceptación, tanto por parte dos cativos, como por parte dos pais, que manifestaron que a realización de estas actividades había sido unha gran idea, porque contribuían a que os máis pequenos se habituaran ao consumo de uns produtos de gran calidade, como son os peixes e mariscos que proceden da pesca costeira artesanal, tan beneficioso para a súa saúde.
Antes de finalizar a xornada se realizou un novo showcooking, que como o que se celebrou pola mañá contou con unha gran asistencia de público. Durante o transcurso do mesmo se volveron a degustar produtos procedentes da lonxa de Laxe. Durante a preparación de estes produtos todos os participantes no showcooking se implicaron de maneira moi activa na súa elaboración, ben preguntando sobre os distintos pasos que se deberían seguir, ou ben aportando ideas de preparacións que solian facer nos seus fogares.
A valoración final que debemos facer dos resultados da celebración da xornada son moi positivos, en primeiro lugar porque se rexistrou un amplío número de visitantes, e tamén porque a gran maioría dos mesmos participou de maneira moi activa nas actividades que se realizaron durante todo o día.









Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024